aviso legal - A_túa creación

Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Aviso Legal

Atua, é unha web propiedade de atuacreación sl con domicilio social en Av. de Coimbra nº 13 Baixo A de Santiago de Compostela(A Coruña) e con NIF: B70199492. Ofrece a través da web localizada en www.atua.es os servizos que na mesma se detallan e que se rexerán coas condicións do servizo contratado a cada momento. Estas condicións de carácter xeral son de aplicación única e exclusivamente no referente ao uso da web atua por parte dos CLIENTES-USUARIOS (de agora en diante USUARIOS) que accedan á mesma.

O acceso ao sitio web a tua implica a aceptación das presentes condicións xerais de uso, sen reserva algunha, e o USUARIO comprométese a non empregar a páxina e os servizos ofrecidos na mesma para a realización de actividades contrarias á lei, e a respectar as seguintes condicións xerais.

Condicións:

Primeira.-a tua foi creada para dar información e servizos relacionados coas áreas artísticas (audiovisual, deseño, intervencións) e culturais. Tanto a profesionais, empresas e particulares que se vexan na necesidade deste tipo de información ou servizos.

Segunda.-ACCESO E USO: neste aspecto réxese estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe, comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso de atua. Quedando estritamente prohibidos tódolos actos que vulneren a legalidade vixente.

Atua poderá interromper en calquera momento e sen previo aviso o acceso á web se o USUARIO incumprirá o indicado no parágrafo anterior.

Terceira.- Contidos:
Tódolos dereitos de propiedade industrial e intelectual da sede www.atua.es e os seus contidos( textos , imaxes, sons audio, vídeo, deseños, creatividades,…), pertencen a atuacreacion s.l. e aos respectivos/as autores ( de agora en diante atua).

O usuario pode visualizar tódolos elementos, imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado, quedando, polo tanto, terminantemente prohibida a súa utilización con fins comerciais, a súa distribución, así como a súa modificación, alteración ou descompilación, sen previo permiso.

Ademais, en atua, pódense poñer a disposición dos usuarios produtos ou servizos para a súa comercialización, sendo atua responsábel dos ofrecidos directamente por esta.

Cuarta.- PROTECCIÓN DE DATOS: En relación á información de contacto facilitada polos usuarios a través da sede web, tódolos datos mantéñense na máis estrita privacidade dacordo coa lexislación vixente. Atua cumpre esta lexislación respecto á protección de datos persoais dos seus usuarios e os mantén na máis estrita confidencialidade dacordo co disposto na Lei Orgánica 15/99 do 13 de Decembro de 1999 sobre Protección de datos de carácter persoal.

En todo caso , o USUARIO que facilite os seus datos a Atua, terá pleno dereito a acceder aos mesmos, modificalos ou solicitar que sexan eliminados dos arquivos de atua. Ademais estes datos só estarán en poder de Atua o tempo estritamente necesario para a xestión para o que foron recollidos, sendo cancelados no momento en que deixen de ser necesarios para dita xestión.

Para calquera tipo de notificación referente aos seus datos rexistrados por atua, o usuario poderá dirixirse ao enderezo físico indicado ao principio destas condicións xerais, identificándose axeitadamente e indicando o tipo de operación que desexa: información sobre os datos recollidos, modificación dos mesmos, ou cancelación.

Cesión de datos.- Atua non cederá en ningún caso os datos a terceiras persoas ou empresas.

Seguridade.- Os datos cedidos a Atua polo USUARIO serán tratados con absoluta confidencialidade e privacidade, pondo para iso tódalas medidas de seguridade posíbeis segundo o desenvolvemento da técnica en cada momento. Non sendo Atua responsábel do uso neglixente que o USUARIO poida facer das súas claves de acceso ás zonas privadas da web, así como das consecuencias da cesión destas a terceiros por parte do USUARIO.

Quinta.- CLAVES DE ACCESO: O USUARIO de servizos privados de atua , é responsábel do uso e da seguridade das súas claves de acceso á web, debendo gardalas en lugar seguro para evitar o acceso de terceiros non autorizados. Atua non é responsábel do uso neglixente das claves nin do uso que das mesmas fagan terceiros aos que o USUARIO llas cedera.

En caso de perda, roubo, esquecemento etc, O USUARIO poderá solicitar unha nova clave de acceso.

Sexta.- Atua nunca será responsábel dos posíbeis erros que poidan producirse no servidor, desconexións, e problemas similares atribuíbeis ao hospedaxe do sitio web, ou ás liñas telefónicas de transmisión de datos.

[X]